Plan territorial xeral de Cataluña
O Plan territorial xeneral de Cataluña (PTGC, en catalán: Pla territorial general de Catalunya) é o instrumento básico de ordenación do territorio de Cataluña, da súa planificación e da definición de políticas específicas de desenvolvemento e reequilibrio territorial. Foi aprobado pola Lei 1/1995 do 16 de marzo.
Obxectivos e funcionamento
[editar | editar a fonte]Os obxectivos deste plan son a definición de:
- As zonas homoxéneas segundo o potencial de desenvolvemento e a súa situación socioeconómica.
- Os núcleos de poboación que poden exercer unha función reequilibradora no territorio.
- Os espazos naturais a conservar.
- As terras de uso agrícola ou forestal a conservar ou ampliar.
- Os lugares ideais para a instalación de infraestruturas.
- Os ámbitos de aplicación dos plans territoriais parciais.
Os sistemas de propostas do Plan son a tres niveis:
- Definición de Áreas Básicas Territoriais (ABT) constituídas pola agrupación de municipios no limiar mínimo de cobertura territorial para equipamentos colectivos (saúde, deporte, saneamento, educación...).
- Estudo dos grandes sistemas urbanos como áreas de cohesión e influencia na súa contorna territorial.
- Definición dos Ámbitos Funcionais Territoriais (AFT) constituídos por agrupacións de comarcas e sistemas urbanos.
Ámbitos funcionais territoriais
[editar | editar a fonte]Os Ámbitos Funcionais Territoriais (AFT) están definidos como agrupación de comarcas a partir dun sistema urbano central e uns sistemas urbanos con certo grao de dependencia. Os ámbitos funcionais son as áreas de planificación que serven como marco para a definición de plans territoriais parciais. As diferentes Consellerías da Generalitat foron adaptando os seus servizos aos ámbitos funcionais e serven de base para a publicación de datos estatísticos da Generalitat.
Ámbito | Comarcas | ||
---|---|---|---|
Alt Pirineu i Aran | Alt Urgell, Alta Ribagorça, Cerdanya, Pallars Jussà, Pallars Sobirà e Val d'Aran | ||
Metropolitano de Barcelona | Baix Llobregat, Barcelonès, Maresme, Vallès Occidental e Vallès Oriental | ||
Camp de Tarragona | Alt Camp, Baix Camp, Conca de Barberà, Priorat e Tarragonès | ||
Comarques Centrals | Bages, Berguedà, Moianès, Osona, Solsonès e algúns concellos de Anoia[1] | ||
Comarques Gironines | Alt Empordà, Baix Empordà, Garrotxa, Gironès, Pla de l'Estany, Ripollès e La Selva | ||
Penedès | Alt Penedès, Baix Penedès, Garraf e a maior parte de Anoia[1] | ||
Ponent | Garrigues, Noguera, Pla d'Urgell, Segarra, Segrià e Urgell | ||
Terres de l'Ebre | Baix Ebre, Montsià, Ribera d'Ebre e Terra Alta |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 anoiadiari.cat, ed. (19 de xaneiro de 2010). "Sete municipios anoiencos reivindican a Alta Segarra". Consultado o 24 de novembro de 2010.